os peques de paradela
luns, 30 de novembro de 2015
FACEMOS UNHA VIDE
Unha das propostas dos nenos dentro deste proxecto era facer unha vide ou unha parra, así que collemos xornais, e puxémonos mans á obra. Primeiro fixemos boliñas redondas para facer o tronco, e despois tiras alongadas para as ramas. Tamén pegamos follas dunha parra de verdade. Outro día, os nenos fixeron acios de uvas nas aulas con papel de seda que tamén fomos pegando, e o resultado foi unha parra chulísima!!
Con todas estas actividades que fomos facendo ó longo deste trimestre, damos por rematado este proxecto. Xa somos todos uns expertos na vendima!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario