os peques de paradela

os peques de paradela

martes, 28 de xuño de 2016

ATA SETEMBRO!!

Despois dun longo curso de moito traballo, momentos de ledicia, de compartir, de xogos, de aprender xuntos... chegou o momento de desfrutar das vacacións de verán. Pasádeo moi moi ben, desfrutade moito, xogade moito, e vémonos á volta das vacacións!

FESTA DE FIN DE CURSO

O último día de cole fixemos unha festa na que xogamos moito pola mañá, despois fomos ver ao mago Cayetano Lledó, co seu espectáculo "Lafayette show". Posteriormente xantamos no patio todos xuntos e seguimos xogando. Agora a descansar e a desfrutar do verán e dunhas ben merecidas vacacións! Botarémosvos de menos!!!

CUMPLES DE VERÁN

Antes de marchar de vacacións tiñamos que celebrar os cumples dos nenos que cumplen os anos no verán, para que non quedasen sen a súa festa, así que celebramos os de: Paula, Miguel, Xoel, Antía, Noa, Clara e tamén o de Ainara, que estivo maliña e non veu ó cole, pero aínda así veu a despedirse o último día de cole, e trouxo unhas chuches para todos. Felicidades peques!!!!

PIÑATAS

Antes de que rematase o curso, queríamos facer unhas piñatas cos nenos/as. Eles mesmos decoraron as bolsas con papel de seda, pintura de dedos, papel charón... quedaron chulísimas! Despois as mestras metémoslles cousiñas dentro, fomos o patio, vendámoslles os ollos... e a derrubar as piñatas! Dentro había moitas cousas: lambetadas, xoguetes, instrumentos musicais... comemos as chuches, xogamos cos xoguetes na auga, probamos os instrumentos... Pasámolo xenial!!

xoves, 23 de xuño de 2016

FACEMOS POMPAS

A tódolos nenos/as lles encanta facer pompas, así que os pequerrechos de Paradela puxéronse mans á obra e primeiro mesturamos os ingredientes: deterxente, auga e glicerina (ou tamén gomina), e despois cuns arames que moldeou a profe Ligia probaron todos a facer as pompas dentro da aula. Unha experiencia estupenda!!

MÁIS POMPAS

Despois de deixar repousar uns días o líquido para facer pompas (xa que así despois sairán mellor) fomos ó patio, e fixemos moitísimas pompas con diferentes técnicas: soprando con moitas palliñas xuntas, con tubos de cartón, con arames con diferentes formas, ata probamos cos matamoscas, xa que como teñen moitos buracos... a verdade é que o pasaron xenial, e non deixaron de facer pompas ata que se acabou o líquido! Non quedou nadiña!

NIÑOS DO CONTO "A VACA QUE PUXO UN OVO"

Aquí vos deixamos o resultado final dos niños que fixeron os peques de 5 anos co papel de xornal e o ovo que trouxeron da casa e pintaron no cole, igualiño que o do conto "A vaca que puxo un ovo", quedaron chulíííísimos!!