os peques de paradela
luns, 23 de novembro de 2015
ETIQUETAMOS
Como xa tiñamos as botellas listas, agora só nos quedaba etiquetalas, polo que nos puxemos mans á obra. A aula de 3 e 4 anos fixérona para o viño blanco e os de 5 para o tinto.
O primeiro que fixeron foi inventar un nome, ocorréronselles moitos, polo que os fomos apuntando e despois votaron polo que máis lles gustaba. Na aula de 3 e 4 anos houbo un empate a votos nos nomes de terra e nubes, e ó final decidiron poñerlle os dous, así que se chamaría "Nubes e terra", e os de 5 anos decidiron chamarlle ó tinto "O sol de Paradela".
Todos os nenos participaron na elaboración: escribindo o nome, facendo o debuxo, coloreando, recortando e pegando... e o resultado foi este:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario