os peques de paradela

os peques de paradela

luns, 30 de maio de 2016

VIAXE EN BARCO

Aquí vos deixamos un adianto da excursión do pasado venres: a viaxe en barco dos pequerrechos (a cámara rápida). Pouco a pouco iremos subindo máis fotos de todo o día. Ó final tivemos sorte e non nos choveu! Foi un día estupendo onde os peques pasárono xenial!!!

Ribadeo from CEIP PLURILINGÜE SAN MIGUEL on Vimeo.

mércores, 25 de maio de 2016

OBSERVAMOS OS CARACOIS

Durante unha semana estivemos observando os caracois que recollemos no patio, cada día cambiabámoslles a comida, observamos as súas partes, como se desprazan, como é a baba, os tentáculos...

OS CARACOIS SON OVÍPAROS

Estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre os caracois, como que son ovíparos e poden poñer ata 100 ovos, na internet podemos atopar vídeos sobre iso

A VACA QUE PUXO UN OVO

Despois de ver o conto "A vaca que puxo un ovo", os nenos/as de 5 anos decidiron facer un niño con papel de xornal que lles quedou xenial, despois traerán un ovo da casa para meter dentro. Xa vos ensinaremos o resultado final. Aquí están facendo o niño

MÁIS TRABALLO POR EQUIPOS

Seguimos traballando por equipos

domingo, 15 de maio de 2016

CARACOL COL COL

Aquí tedes o vídeo dos pequerrechos cantando o poema de Manuel María "O caracol". Fixérono moi ben!!

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Manuel María, e como estamos co proxecto dos caracois e éste é o autor do poema "O caracol", estivemos esta semana traballando sobre iso

venres, 13 de maio de 2016

NOVO PROXECTO

Como hai tantos caracois no patio e os nenos collíanos e levábanos para as aulas para observalos, decidimos facer un proxecto sobre este animaliño. Así que o primeiro que fixemos foi dar unha volta polo patio e coller algúns dos que vimos, metelos nunha xaula e levalos para clase para poder observalos durante uns días.

SEGUIMOS SEMENTANDO

O día 10 os peques sementaron fabas, chícharos e garabanzos que trouxeron da casa. O día 12 regaron e... puideron observar que algúns garabanzos xa estaban comezando a nacer!!!!! Ata patacas plantaron! Agora a observar o proceso e ver como van medrando día a día

XOGAMOS NO IGLÚ

Como xa rematamos o iglú, agora toca xogar nel. Cada día o iglú convértese nun recuncho diferente: un día é un iglú biblioteca, onde se poden ver contos, outro día podemos xogar coas construccións, cos xoguetes da cociña... Pasámolo xenial e estase convertendo no noso recuncho favorito!!

luns, 9 de maio de 2016

PORTADA DO PROXECTO

Para rematar co noso proxecto sobre a Antártida e os pingüíns, fixemos a portada dos nosos traballos, un pingüín con papel charón que nos quedou moi chulo:

3 EN RAIA

Estes días os maiores estiveron aprendendo a xogar ó 3 en raia, e despois cada un fixo o seu para levar para casa e poder xogar coa familia. Mirade que chulos quedaron:

PINGÜÍNS DE GOMA EVA

Na internet atopamos uns pingüíns chulísimos feitos con goma eva, e como eles tamén querían facer uns, aquí están:

ARCO DA VELLA

Estes días, con tanto chover e facer sol, puidemos observar o arco da vella, e despois elaboramos nós uns chulísimos:

PUZZLES

Os pequerrechos de Paradela son uns expertos á hora de facer puzzles. Os de 3 anos xa os fan de 25 pezas e algúns xa están comezando a facer dos de 50, os de 4 anos xa fan os de 50 e os de 5 anos xa son capaces de facer os de 100 pezas, todos eles tanto individualmente como por parellas ou pequenos grupos. Bravo por eles!

venres, 6 de maio de 2016

PÉS DE PINGÜÍN

Unha das actividades que máis nos gustou foi uns pingüíns que fixemos pintando o pé e deixando a pegada nun folio. Foi divertidísimo e ademais quedaron chulísimos!!

DOCUMENTAL DE PINGÜÍNS

Un dos vídeos que máis nos gustou e do que aprendemos máis cousas foi o de Disney. O dos pingüíns comeza a partir do minuto 46:30

CANTO MIDEN OS PINGÜÍNS?

No libro que nos trouxo Iria, traía o que medían os pingüíns máis altos (o pingüín emperador, que mide 120 cm) e o que miden os máis baixiños (pingüín azul, 40 cm). Como iso é bastante abstracto para eles, o que fixemos foi medirnos para entendelo mellor, e resulta que o pingüín emperador e máis ou menos tan alto coma eles, ou un pouquiño máis, e o máis baixiño como a súa perna. Primeiro observamos a cinta métrica, e buscamos o 120 para marcar ata onde había que medir
Despois fómonos medindo todos para comparar e ver se éramos tan altos como o pingüín emperador
Despois, miramos ata onde nos chegaría o pingüín azul
E por último fixemos unha ficha sobre o que aprendemos

luns, 2 de maio de 2016

UN AGASALLO PARA MAMÁ

Ó longo de dúas semanas, os pequerrechos de Paradela estiveron traballando moito e con moita ilusión, para facerlle un agasallo ás mellores mamis do mundo. Tiveron que picar, recortar, pegar, escribir, repasar... fixeron un gran traballo. Esperemos que vos gustase, eles fixérono con toda a súa ilusión e agarimo.

SEGUIMOS TRABALLANDO COOPERATIVAMENTE

Despois de varias veces traballando por equipos, os nenos/as xa saben o que teñen que facer. Eles mesmos escollen o capitán/supervisor do seu equipo, repártense o traballo poñéndose de acordo nas tarefas que ten que facer cada un, van rotando o folio, xa que todos teñen que facer algo, e vano levando a cabo. Neses momentos, eu estou como unha mera observadora, aprendendo deles e vendo o que funciona ou o que non.
Aínda que moitas veces pode parecer que ter varias idades mesturadas nunha aula é un inconvinte, tamén ten moitas vantaxes, xa que os nenos aprenden moito uns dos outros, e con este tipo de actividades, os maiores axudan ós máis pequenos, o cal resulta moi motivante par todos: os pequenos queren saber tanto como os maiores, e os maiores queren saber máis cousas para poder seguir ensinándolles ós máis peques
Unha vez que remataron a actividade é cando eu interveño. Díctolles e escribimos a palabra que tiñan que poñer eles sos e vemos as letras das que se "esqueceron", sempre con reforzo positivo, nunca como algo que fixeron mal, senón todo o contrario, para que sigan motivados e con ganas de aprender a ler e escribir.