os peques de paradela

os peques de paradela

luns, 29 de febreiro de 2016

NAVE ESPACIAL

Dentro do proxecto do sistema solar, estamos facendo unhas naves para viaxar ao espacio, para iso empregamos uns tubos de papel hixiénico decorados. Cando o teñamos rematado subiremos máis fotos. Ó mesmo tempo que aprendemos divertímonos moito, que é a mellor maneira de aprender!

NOVO PROXECTO

Os pequerrechos de 5 anos comezamos a traballar nun novo proxecto, "O espacio e o sistema solar". Estamos aprendendo moitas cousas interesantísimas, e aquí podedes vernos facendo un mural do espacio.

MÁIS COUSIÑAS

Seguen chegando máis cousiñas do Ártico. Esta vez Daniela trouxo un husky e Antía unha foca. De novo moitísimas gracias pola vosa colaboración no proxecto!

xoves, 25 de febreiro de 2016

O RAPOSO DO ÁRTICO

Estamos comezando a investigar que animais viven no Ártico e como viven alí. O primeiro que vimos foi o raposo. Observamos e falamos sobre as ilustracións que aparecían nos libros que trouxeron os nenos, lemos a información que alí estaba, vimos vídeos de como cazan aos lemmings... O que máis nos gustou foi ver como cazaban e que cambian a cor do seu pelo (branca en inverno e parda no verán). Xogamos a imitalos e despois fixemos unha ficha sobre eles.

NOVO RECUNCHO

Dende principios deste mes temos un novo recuncho na aula: o recuncho do artista, no que podemos debuxar con pincel, con xiz, rotulas... Gústanos moito este recuncho e así estimulamos a nosa imaxinación e creatividade.

venres, 19 de febreiro de 2016

OBSERVAMOS ICEBERGS

Despois de ver un vídeo en internet onde se vían bloques de xeo enormes aboiando no mar e aprender esa palabra tan difícil: iceberg, a profe trouxo ó cole uns icebergs en miniatura, feitos con globos cheos de auga. Collémolos, tocámolos, vimos canto pesaban, que estaban fríos... e metémolos nunhas cubetas. Para simular a auga do mar, collemos os nosos vasos, enchémolos de auga e botámola nas cubetas. Cando xa estaban cheas de auga comprobamos se aboiaban, e o que máis nos sorprendeu e que case todo o iceberg estaba debaixo da auga, enriba só quedaba unha parte pequeniña, co cal chegamos a conclusión de que os icebergs que vimos en internet aínda son moito máis grandes do que pensábamos!!! Despois botamos outros bloques de xeo máis pequenos, collemos a foca e o pingüín que temos e puxémolos a descansar enriba dos icebergs. Por últimos colocamos as cubetas ó carón dos radiadores; antes de marchar puidemos comprobar que xa se derreteran moito porque eran moito máis pequechos, e ó día seguinte xa só había auga. Pasámolo moi ben e ó mesmo tempo aprendemos moitas cousas novas.

TRABALLAMOS CON ANNA

Como somos un centro plurilingüe, temos a sorte de contar cunha auxiliar de conversa que ven dende USA, e os pequerrechos tamén traballamos, xogamos e falamos con ela. Así aprendemos moitas cousas e pouco a pouco a entender e falar en inglés.

CUMPREANOS DE CAMILA E DE ANDRÉS

Este mes estiveron de aniversario Camila e Andrés, xa teñen 6 aniños! que maiores!! Para celebralo comemos moitas chuches e houbo serpentinas e confeti (que despois tivemos que recoller.) Pasámolo xenial, e para rematar escoitamos e vimos na pantalla o conto "O gato tragón". Moitos parabéns Camila e Andrés!!!

martes, 16 de febreiro de 2016

ACTUACIÓN DE ENTROIDO

Para os que non puidestes vir e vos perdestes a actuación dos vosos peques, ou por se a queredes recordar, aquí vos deixamos un vídeo coas fantásticas actuacións de todos os peques do cole.

Entroido 2016 from CEIP PLURILINGÜE SAN MIGUEL on Vimeo.

venres, 12 de febreiro de 2016

INVESTIGAMOS CO XEO

Antes do entroido, aproveitando un día que facía moito frío, nada máis chegar ao cole saímos ata o patio a ver como era o xeo que cubría a herba e os balancíns. Tocámoslle, comprobamos que a herba estaba dura e fría...
e tamén atopamos un bidón cunha placa de xeo enriba
Como non sabíamos en que se podía transformar o xeo por mor do sol, decidimos que iamos volver despois de comer a ver que pasaba, e isto foi o que nos atopamos: o xeo desaparecera e no seu lugar había auga.
Voltamos para clase e puxémonos a falar do tema, non sabíamos moi ben que pasara, uns dicían que se derretera, pero non estaban moi convencidos do que sucedera, así que decidimos facer un experimento. Collemos un vaso de auga e botámolo nunha cubeta, despois levámolo ata o patio e deixámolo alí ata o día seguinte
Ó día seguinte, o primeiro que fixemos ó chegar foi saír o patio a ver que sucedera co vaso de auga que deixaramos no areeiro. Deseguida puidemos comprobar que non había nin unha gota de auga, so había xeo. Tocámoslle e comprobamos que estaba duro e frío. Probamos a resistencia do xeo subindo enriba e vendo que non rompía. Como estes días estivemos vendo uns vídeos de esquimós andando cunhas raquetas nos pés para non esvarar, decidimos probar a mover os pés dentro da cubeta e esvarábase moitísimo!! ten que ser moi complicado andar sobre a neve, por iso os esquimós usan esas raquetas

domingo, 7 de febreiro de 2016

PIPIS, CABALOS E MONOS

Aquí tedes os máis pequerrechos de Paradela disfrazados da Peli de Pipi Calzaslargas. Cada un escolleu de que persoaxe quería ir disfrazado, e a verdade e que estaban todos guapííííísimos, mirade:

FESTIVAL DE ENTROIDO

Despois de moito esperar e moito ensaiar, por fin chegou o día da festa do entroido no cole. Foi un día moi especial, xa que fixemos un desfile, unha obriña de teatro, vimos a actuación dos nenos de primaria que o fixeron xenial, comemos na compaña dos papás e mamás que puideron vir a vernos e xogamos moito no patio. Aínda que os peques se quedaron moi cortados na obra porque había moita xente mirándoos e non se atrevían a dicir as súas frases (para a maioría era a primeira vez que actuaban en público), fíxolles moita ilusión actuar e ver aos seus familiares alí. A próxima vez seguro que non lles da tanta vergoña!

BUSCAMOS O ÁRTICO

Comezamos este proxecto vendo na bola do mundo onde están os dous Polos (Norte e Sur) e tamén onde vivimos nós. Despois estendemos un mapa do mundo no chan, falamos e comentamos que sitios coñecemos cada un de nós (Paradela, Sarria, Lugo, Finlandia (onde vive Papá Noel), Ibiza...) e buscámolos no mapa. Despois tamén buscamos as zonas do Ártico que imos estudiar (Alaska, Canadá e Groenlandia), marcámolos cun gomet e posteriormente facémolo tamén nunha ficha nas mesas. Agora xa sabemos como se chaman os 3 países imos estudiar.

martes, 2 de febreiro de 2016

PREPARAMOS O ENTROIDO

Estas semanas andamos moi ocupados preparando o festival de entroido. Todo o colexio vai ir disfrazado de Pipi Calzaslargas, e os pequerrechos non ían ser menos. Cada neno/a escolleu a persoaxe que quixo: Pipi, o cabalo ou o mono que sempre a acompañan. Axudáronnos a confeccionar os seus disfraces, e ademais estamos ensaiando unha pequena obra de teatro que faremos este venres. Tamén pintamos un decorado que debuxou a profe Ligia dun castelo, xa que ese castelo é moi importante na nosa obriña Mirade como ensaiamos. Non vos esquezades de vir ver aos vosos pequerrechos, a eles faralles moita ilusión vervos alí!