os peques de paradela

os peques de paradela

sábado, 19 de marzo de 2016

VÉMONOS O 29 DE MARZO!

---Crea tu texto animado--- ---Crea tu texto animado---

REMATA O TRIMESTRE

Despois de todo un trimestre de moito traballo, xogos, bos momentos compartidos, novas aprendizaxes... chegou o momento de preparar as carpetas cos traballos feitos, a foto de recordo deste trimestre, os regaliños para papá... e agora a desfrutar deste ben merecido descanso

PLANTAMOS UNHA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore, no cole de Paradela plantamos unha nova árbore, un castiñeiro ao que lle puxemos o nome de "Patricia". Tódolos nenos/as do cole (e tamén os profes) axudamos ó profe Iago a botarlle terra coa pala. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos pequerrechos. Agora a esperar para ver como vai medrando.

MEMORY DO ÁRTICO

En vista de que ós nenos/as lles encanta xogar co memory que nos trouxo Papá Noel, propúxenlles que cada un fixese un do Ártico para poder levalo despois para casa e xogar coa súa familia. A resposta foi abrumadora, estiveron dúas semanas preguntándome tódolos días se xa lle-lo preparara, así que cando xa estivo listo pintaron as dúas tarxetas que eran iguais o máis parecidas posible e despois... a xogar!!! É un xogo fantástico que fomenta a atención, concentración e a memoria, así que animádevos a xogar con eles! Só tedes que colocar as cartas boca abaixo, cada xogador levanta dúas, se son iguais quédase con elas e se non volve poñelas boca abaixo, así ata que non quede ningunha

FACEMOS UN TELESCOPIO

Dentro do proxecto "O sistema solar", os nenos/as de 5 anos, fixeron un telescopio para poder observar mellor as estrelas e os planetas, empregaron para iso un tubo de papel de cociña (que decoraron moi ben) e celofán. Descubrirán un novo planeta?

PARABÉNS A TÓDOLOS PAPÁS

Hoxe é o día de todos os pais, e os máis pequerrechos de Paradela levaban xa 2 semanas preparándolles un regaliño: un chaveiro de barro para poder colgar chaves e unha postal con forma de coche. Aquí podedes ver canto traballaron. Esperamos que vos gustasen, xa que eles fixérono con toda a súa ilusión e con moito agarimo. Felicidades papis!!!!!

venres, 18 de marzo de 2016

EXCURSIÓN A LUGO

Este martes fomos de excursión a Lugo. Foi un día xenial, xa que primeiro fomos ver un musical de "El libro de la selva", e aínda que algúns nenos se asustaron cando apagaron as luces ou cando aparecía o "malo", gustoulles moito a todos. Despois fomos a comer ao Burguer King que hai no centro comercial "As Termas" e xogamos na zona que teñen para iso. Posteriormente fomos ver e dar un pequeno paseo pola muralla, vimos a catedral, e por último fomos a xogar e a merendar ó parque Rosalía de Castro. Un día estupendo!

OVOS DE PASCUA

A profe Conchita regalounos a tódolos nenos/as do cole, uns coelliños con uns ovos de chocolate dentro que estaban boísimos. Moitas gracias profe Conchita!!

PORTADA 6º DE INFANTIL

Os peques de 5 anos tamén fixemos a portada para os nosos traballos: cosemos, rachamos e pegamos anaquiños de papeis de seda, pintamos con pincel... e o final quedounos así de chula:

PORTADA DO PROXECTO DO ÁRTICO

Como xa se acerca o día de levar os traballos deste trimestre para casa, os pequerrechos de 3 e 4 anos, fixemos a portada do noso proxecto

EXPOSICIÓN DE DEBUXOS FANI PADULLÉS

O luns fomos a biblioteca municipal a ver a exposición de debuxos de contos clásicos de Fani Padullés, que estivo presentando o seu novo libro infantil "La canción del sol". Alí, ademais dos debuxos de Fani, tamén puidemos ver os que fixeron os alumnos do cole de Paradela, que estaban colgados por toda a biblioteca. Agora a esperar a que veña a visitarnos Fani á escola!

venres, 11 de marzo de 2016

VISITA Á PANADARÍA MODESTO

Onte fomos de visita á panadaría Modesto y Ketty, onde pasamos unha mañá estupenda. Primeiro Modesto ensinounos como se fan e que ingredientes se precisan para elaborar unhas magdalenas, posteriormente meteunas no forno, e mentras esperábamos a que saisen, cada neno/a amasou e fixo o seu boliño de pan, que tamén metemos no forno. Vimos as instalacións e máquinas que alí usan, e cando nos demos conta, xa estaban cocidos os boliños e as magdalenas. Sacámolas, e cada neno/a levou nunha bolsiña o seu boliño de pan e a súa magdalena. Dende aquí queremos agradecerlle a panadaría Modesto, en especial a Modesto e a Ketty habernos deixado entrar a ver cómo funciona unha panadaría, a súa enorme paciencia con tódolos nenos, explicándolles as cousas, e habernos tratado tan ben. Foi un día estupendo para tódolos nenos/as. Gracias!!!!!!!!

AS FOCAS

A semana pasada estivemos vendo e buscando información sobre as focas. Encantounos e ademais aprendemos moitas cousas con un vídeo fantástico de Disney. Déixovos aquí o enlace por se o queredes volver a ver.

MURAL DO ÁRTICO

Unha das propostas de actividades dos nenos, foi facer un mural do Ártico, así que puxémonos mans á obra: entre todos pintamos con pincel as augas xeadas, cada un fixo a súa personaxe (pegámoslles a súa cariña) e entre todos decoramos animais, iglús, icebergs... para completar o noso mural. Ó final quedounos así:

CONSTRUIMOS UN IGLÚ

Despois de ver un vídeo de como construían os iglús os esquimós, decidimos que nós tamén tiñamos que facer un, pero, con que? nós non temos bloques de xeo... o que si que temos son garrafas de auga da que bebemos no comedor, e cada día temos unhas cantas! polo que fomos falar coas cociñeiras para que non as tirasen, e pouco a pouco imos creando un iglú. Cando estea rematado de todo os nenos/as poderán xogar dentro.

luns, 7 de marzo de 2016

POR QUE CASE TODOS OS ANIMAIS DO POLO SON BRANCOS?

Para axudar a entender mellor por que moitos dos animais dos Polos son brancos, fixemos un experimento: collemos dous folios, un branco e outro vermello e tamén collemos obxectos brancos: un xiz, un osiño polar, un rotulador, algodón, plastilina... colocamos uns poucos no folio branco e outros no vermello. Observamos, en cal se ven mellor?
Pintamos con un xiz branco nos dous folios. Observamos. Onde se ve mellor? Entón, para poder esconderse dos seus depredadores, onde se camuflarían mellor no folio branco (paisaxe nevado) ou no folio vermello?
Despois, coma sempre, levamos o experimentado ó traballo na mesa

EXPERIMENTAMOS CON UN NOVO MATERIAL

A semana pasada estivemos xogando e experimentando con un novo material que non coñecíamos: o barro. Amasámolo, botámoslle auga, cortamos, fixemos figuras, botámoslle máis auga... ata que a algúns nenos, de tanto botar auga e estendelo pola mesa, "desapareceulles". Foi unha experiencia novidosa e pasámolo moi ben. Despois xogamos todos xuntos na aula.

venres, 4 de marzo de 2016

MÓVESE O SOL?

O luns en canto os nenos/as chegaron ó cole, volvemos saír para fóra a ver onde estaban tanto o sol como a lúa. Vimos que a lúa estaba na súa fase minguante e falamos sobre iso. Despois voltamos ás aulas, facemos un debuxo e levámolo para casa. Pola tarde saímos a comprobar se o sol segue no mesmo sitio e oh, sorpresa! non estaba no mesmo sitio e a lúa desaparecera, xa non estaba! Tamén aproveitamos para xogar e voar coas naves espaciais que xa as rematamos. Posteriormente volvemos ás aulas para falar sobre o que vivimos.

IRIA XA TEN 4 ANOS

O domingo pasado Iria cumpriu 4 anos, e para celebralo no cole, sopramos as velas, repartiu as chuches que trouxo, probamos a beber nun vaso cunha palliña chulísima, e despois bailamos e cantamos. Moitos parabéns Iria!!

CANTO MIDEN OS OSOS POLARES?

A semana pasada estivemos vendo os osos polares nos libros que temos. O primeiro que fixemos foi observar os debuxos e falar sobre eles e sobre o que cada neno cría que pasaba nas fotos que observamos. Despois a profe leu a información que estaba alí escrita e falamos sobre iso.
Chamounos moito a atención un dato: Os osos polares poden chegar a medir ata 3,5 m. Para os nenos ese é un dato difícil de comprender e axiña comezaron a preguntar: Canto é 3,5 m? Son tan altos como Raúl (o neno máis alto da clase)? Serán máis altos que a profe? Co cal, ante tanta pregunta, o mellor e comprobalo. Para iso, collemos unha cinta métrica, observámola (xa a coñecíamos porque moitos téñena na súa casa e xa nos temos medido na aula), vemos que ten moitos números e marquiñas, buscamos números que coñecemos e finalmente medimos e marcamos no chan ata onde chegaría un oso polar.
Entón a profe preguntou: Cantos nenos/as farían falta para ser tan altos como un oso polar? e comprobámolo: necesitaríamos 3 ou 3,5 nenos para ser tan altos como un oso polar!
e como insistían tanto en comprobar cantas profes farían falta para ser tan altos como un oso polar, tamén o comprobamos: 2 profes ou 1 profe e 1,5 nenos. (O encargado dese día, Manuel, foi o que sacou a foto, todo un experto fotógrafo).
Despois de todo isto vemos un vídeo para ver cómo viven os osos
E, para rematar, facemos unha ficha sobre o que vimos no vídeo