os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 22 de abril de 2016

TRABALLOS COOPERATIVOS

Este trimeste, intentaremos adicar un día a semana a facer traballos cooperativos; para iso, teremos que aprender a colaborar, a cooperar e traballar xuntos para conseguir un obxectivo común, terán que axudarse, polo tanto, uns aos outros cando o precisen; un dos obxectivos é que deixen de lado a competitividade e o individualismo. Para iso, dividirase a clase en 2 ou 3 grupos, dependendo da actividade. Haberá un capitán-supervisor (que eles mesmos nomearán), que será o encargado de distribuir e supervisar as tarefas. Todos os membros do grupo teñen que ter unha función, dependendo do tipo de actividade: escribir, repasar, buscar onde vive cada animal, pegar... O primeiro día precisaron da miña axuda sobre todo para distribuir e organizar as tarefas, pero cando collan a mecánica desta maneira de traballar, xa serán capaces de facelo eles sós. O que fixeron xa fora traballado previamente, non obstante, escribiron moi ben eles solos (despois escribínllelo eu ó lado para comparar e ver as letras das que se "esqueceran", buscaron as palabras escritas que corresponderían a cada debuxo, fixándose sobre todo por qué letra comezaba cada palabra, e aínda que tiñan algunhas dúbidas, ao final, entre todos resolvéronas e colocaron cada palabra debaixo do debuxo que lle correspondía. A verdade é que para ser o primeiro día que traballamos así, fixérono moi ben.

QUE DIFÍCIL É A VIDA DOS PINGÜÍNS

Mentras os papás pingüíns incuban o ovo, a mamá vaise a pescar. O papá ten que estar 4 meses sen comer nada, agardando a que volva a nai, para que se quede ela co bebé pingüín recén nacido, entón o pai poderá ir a pescar, e así terán que ir turnándose ata que o pingüín pequeno poda ir a pescar con eles.

OVOS DE PINGÜÍN

En outro libro que temos vimos que os pingüíns nacen por ovos, que o pon a mamá, pero que quen os incuba é o papá. E como fan para pasarllo un ao outro? Unha pregunta que tivo a súa resposta neste vídeo: E claro, como non podía ser doutra maneira, tivemos que comprobar as dificultades que supón para os pingüíns intercambiarse un ovo. Primeiro practicamos a andar coas pernas xuntas, e xa vimos que era moi difícil, e que nos custaba moito manter o equilibrio
Pero xa cando colocaron o ovo e intentaron pasalo uns a os outros, vimos que sen axuda das mans era imposible, e aínda así moitas veces caíanos ó chan, co cal quedaría o ovo conxelado case ó momento

FACEMOS A TARTARUGA

Este trimestre, en vista da motivación que xerou o proxecto do Ártico, e que estaban empeñados en estudar os pingüíns, estamos vendo a Antártida e os principais animais que viven alí: os pingüíns. A verdade é que son uns animais extraordinarios que lles están chamando moito a atención. Despois de ver nun dos libros que temos que na Antártida fai máis frío aínda que no Ártico, xurdiunos a dúbida de como farían para protexerse do frío, así que buscamos na internet e vimos que ademais da capa de graxa que teñen debaixo da pel, cando teñen moito frío fan a tartaruga, é dicir, agrúpanse moi xuntiños para darse calor uns aos outros. E despois dun anaco vanse cambiando, os que están na beira van pasando para o centro.
E como non, nós tivemos que comprobar se facendo a tartaruga conseguíamos ter máis calor, así que xuntámonos moito, coas costas un pouco arqueadas e desde logo que sí, así xuntiños deseguida se entra en calor!

luns, 4 de abril de 2016

NEVE EN PARADELA

O xoves pasado cando chegamos á escola levamos unha grata sorpresa: o cole estaba cuberto de neve!! Unha oportunidade así non se podía deixar pasar, así que deixamos as mochilas e fomos xogar con ela. Pasámolo xenial e fixemos un boneco de neve entre todos (aínda que ó final fixérono as profes case todo porque estaba bastante fría, os nenos axudáronnos carrexando neve coas palas e coas carretillas). Como temos unha muda de cada neno no cole, os que se mollaron cambiáronse e listo!

sábado, 2 de abril de 2016

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe é o día mundial da concienciación sobre o Autismo e no cole de Paradela sumámonos a marea de globos azuis: inclusión, tolerancia e respeto
Aquí vos deixamos uns vídeos que axudan a entender mellor o que é o autismo