os peques de paradela

os peques de paradela

martes, 28 de xuño de 2016

ATA SETEMBRO!!

Despois dun longo curso de moito traballo, momentos de ledicia, de compartir, de xogos, de aprender xuntos... chegou o momento de desfrutar das vacacións de verán. Pasádeo moi moi ben, desfrutade moito, xogade moito, e vémonos á volta das vacacións!

FESTA DE FIN DE CURSO

O último día de cole fixemos unha festa na que xogamos moito pola mañá, despois fomos ver ao mago Cayetano Lledó, co seu espectáculo "Lafayette show". Posteriormente xantamos no patio todos xuntos e seguimos xogando. Agora a descansar e a desfrutar do verán e dunhas ben merecidas vacacións! Botarémosvos de menos!!!

CUMPLES DE VERÁN

Antes de marchar de vacacións tiñamos que celebrar os cumples dos nenos que cumplen os anos no verán, para que non quedasen sen a súa festa, así que celebramos os de: Paula, Miguel, Xoel, Antía, Noa, Clara e tamén o de Ainara, que estivo maliña e non veu ó cole, pero aínda así veu a despedirse o último día de cole, e trouxo unhas chuches para todos. Felicidades peques!!!!

PIÑATAS

Antes de que rematase o curso, queríamos facer unhas piñatas cos nenos/as. Eles mesmos decoraron as bolsas con papel de seda, pintura de dedos, papel charón... quedaron chulísimas! Despois as mestras metémoslles cousiñas dentro, fomos o patio, vendámoslles os ollos... e a derrubar as piñatas! Dentro había moitas cousas: lambetadas, xoguetes, instrumentos musicais... comemos as chuches, xogamos cos xoguetes na auga, probamos os instrumentos... Pasámolo xenial!!

xoves, 23 de xuño de 2016

FACEMOS POMPAS

A tódolos nenos/as lles encanta facer pompas, así que os pequerrechos de Paradela puxéronse mans á obra e primeiro mesturamos os ingredientes: deterxente, auga e glicerina (ou tamén gomina), e despois cuns arames que moldeou a profe Ligia probaron todos a facer as pompas dentro da aula. Unha experiencia estupenda!!

MÁIS POMPAS

Despois de deixar repousar uns días o líquido para facer pompas (xa que así despois sairán mellor) fomos ó patio, e fixemos moitísimas pompas con diferentes técnicas: soprando con moitas palliñas xuntas, con tubos de cartón, con arames con diferentes formas, ata probamos cos matamoscas, xa que como teñen moitos buracos... a verdade é que o pasaron xenial, e non deixaron de facer pompas ata que se acabou o líquido! Non quedou nadiña!

NIÑOS DO CONTO "A VACA QUE PUXO UN OVO"

Aquí vos deixamos o resultado final dos niños que fixeron os peques de 5 anos co papel de xornal e o ovo que trouxeron da casa e pintaron no cole, igualiño que o do conto "A vaca que puxo un ovo", quedaron chulíííísimos!!

venres, 10 de xuño de 2016

PARABÉNS, RAÚL

O luns celebramos o cumple de Raúl, que xa cumpriu 5 anos!! Para iso puxemos 5 velas na nosa tarta, cantámoslle a canción, soprou as velas, repartiu chuches e gusanitos para compartir e despois... a cantar e bailar cos "Cantajuegos"! Moitas felicidades Raúl!!

luns, 6 de xuño de 2016

CUMPLE DE DANIELA

A semana pasada celebramos o cumple de Daniela, a súa mamá fixo unha tarta preciosa (que ademais estaba boísima) coa que Daniela soprou as velas, despois houbo unha piñata que tiña moitas lambetadas, papeliños... coa que o pasamos xenial xogando. Máis tarde repartiu máis chuches e cando remataron de comer, foron a bailar e cantar coas cancións de "Cantajuegos". Despois de tanta festa, como a aula quedou chea de papeliños e cintas de cores, fomos buscar a vasoira e o recolledor, e a limpar!! Estes cativos saben facer de todo... Ademais, como nos sobraba tarta, fomos a aula dos nenos/as de 5 anos e convidámolos a probala. Estaba boíííísima!!

VÍDEOS CARACOIS

Estamos aprendendo moitas cousiñas sobre os caracois, e estos vídeos axúdannos moito:

LIBERAMOS OS CARACOIS

Despois dunha semana observando os caracois e o seu comportamento, fomos de novo ó patio con eles a liberalos

venres, 3 de xuño de 2016

PRAIA DAS CATEDRAIS

Despois dun día tan intenso, tocaba relaxarse e desfrutar na praia das Catedrais. Tivemos moita sorte, xa que aínda que daban mal tempo para a tarde, finalmente non nos choveu e os peques puideron desfrutar dunha tarde de praia fantástica. De volta no autobús para o cole, algúns nenos/as quedaron durmidos polo camiño. Unha xornada que seguramente quedará gravada na memoria dos peques.

COMIDA E VIAXE EN TREN

Despois da viaxe no barco fomos ó restaurante "Casa Foguete", onde comemos estupendamente, para despois facer unha viaxe en tren

CHEGADA E BARCO

Por fin, aquí tedes as fotos da excursión a Ribadeo. Un día fantástico no que fomos en barco, tren, puidemos desfrutar da praia das catedrais... Aquí podedes ver a chegada a Ribadeo e a viaxe en barco