os peques de paradela
luns, 16 de novembro de 2015
EMBOTELLAMOS
Despois de algo máis de dúas semanas de espera, por fin o viño estaba listo para ser embotellado, así que puxémonos mans á obra, e, coa axuda dun embude e unha culler de xoguete da cociña, fomos metendo o viño todo nas botellas. Deunos xusto para unha botella de viño tinto e outra do branco.
Unha vez que xa tiñamos as botellas cheas, estivemos pensando como cerralas, e decidimos que había que poñerlles un corcho, pero por máis que algún neno intentou meter o corcho, non foron capaces, chegando a conclusión de que habería que usar algún tipo de máquina. Sorte que as profes levaran unha encorchadora, e aínda que non sabían como funcionaba, deseguida decidiron probar a meter o corcho nun buraquiño que tiña a encorchadora, colocala na botella e empurrar a ver se así conseguían metelo. Sen embargo, facía falla moita forza e non o conseguiron. Ó final foron as mestras as que tiveron que cerralas.
Agora xa case as temos listas. Só nos queda inventar un nome para o noso viño, e etiquetar as botellas para poder vendelas!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario