os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 29 de xaneiro de 2016

MÁIS COUSIÑAS

Seguen chegando cousiñas do Ártico, José Carlos tróuxonos un xogo divertidísimo, no que temos que pensar a ver que bloque de xeo tiramos para que non caia o oso. Pasámolo xenial xogando
Moitísimas gracias a tódalas familias por tanta colaboración. Así da gusto

APORTACIÓNS DAS FAMILIAS

Estamos recibindo moitas cousiñas das familias relacionadas co proxecto do Ártico, mirade: Clara trouxonos un osiño polar que nos ensinou a todos e Daniela trouxounos unha caixiña cos animais que viven no Ártico e tamén con esquimais. Estívonos explicando como o fixeron
Iria trouxonos un libro con moita información
Jose tamén nos trouxo outro libro sobre a vida no Ártico
Manuel e Marcos tamén nos trouxeron uns peluches de osos polares
Raúl tróuxonos un pingüín:
Con tantas cousiñas que temos, xa podemos empezar a investigar! Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!!

luns, 25 de xaneiro de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO NO COLE

A asociación Antonio Gandoy, en colaboración co que antigamente era preescolar na casa, ofrecéronse a que o grupo "O son que me arrola" nos desen un concerto na escola. Foi unha experiencia fantástica, xa que cantaron cantigas, tocaron instrumentos, deixáronnos moitos instrumentos musicais feitos con material de refugallo para que os tocásemos e experimentásemos con eles, fixemos unha orquestra entre todos... e finalmente decoramos uns tubos aos que lles pegamos uns globos e fixemos un instrumento para levar para casa. Foi un día moi especial, e ata viñeron algúns nenos que asisten a "preescolar na casa".

xoves, 21 de xaneiro de 2016

CUMPLE DE JOSE

Este mes estamos tendo moitos cumpreanos. Jose tamén está de noraboa, xa que xa ten 4 anos. A súa nai mandounos unha tarta feita por ela de galleta, crema e chocolate que estaba boíííísima. Despois de soprar as velas e comer a tarta, Jose repartiu unha bolsiña de lambetadas para cada neno. Despois estivemos bailando e cantando. Pasámolo moi ben. Moitas felicidades Jose!!

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO

Antes das vacacións de Nadal, os nenos/as estiveron vendo un vídeo de Papá Noel e empezaron a facer moitas preguntas sobre o sitio onde vivía. Buscámolo na bola do mundo, e en vistas das dúbidas que tiñan decidimos que ó volver das vacacións de Nadal iamos comezar un novo proxecto : a vida no Ártico. Así que fixemos o noso panel coas cousas que sabíamos (ou que eles cren que saben), o que queremos aprender e propostas de actividades. Fixemos unha nota con forma de iglú para informar ás familias e que nos axudasen a buscar información e agora a esperar a que vaian traendo cousiñas e a investigar sobre o tema!

venres, 15 de xaneiro de 2016

AGASALLOS DO CONCELLO

Aínda que non gañamos o concurso de Manuel Oreste, ó concello gustoulle o vídeo que fixeron os pequerrechos e por iso envioulles un paquetiño de lambetadas a cada un, puzzles, contos... Moitas gracias polos agasallos!! Gustáronnos moito!!!

CUMPREANOS DE MANUEL

Este mes tamén foi o cumple de Manuel, que xa cumpliu 5 anos, que maior!!!Trouxo e repartiu lambetadas para todos, e tamén para a profe. Despois de comelas xogamos moito, bailamos, cantamos... pasámolo moi ben. Felicidades Manuel!! Xa es o maior da nosa clase!

PARABÉNS JOSÉ CARLOS

O día 6 foi o cumple de José Carlos, pero como ese día non había cole, celebrámolo uns días máis tarde. José Carlos soprou as velas, repartiu lambetadas para todos, ata para a profe! e despois de comelas, estivemos bailando, cantando cancións, xogando... pasámolo moi ben. Moitos parabéns José Carlos!!!!Mirade que ben o pasamos:

luns, 11 de xaneiro de 2016

AGASALLOS

Este ano, os pequerrechos de Paradela portáronse moi ben, xa que ademáis dos agasallos que lles deixaron na casa, tanto Papá Noel como os Reis Magos, deixáronnos un montón de cousiñas no cole: puzzles, dominós, xogos de memoria, coches... e tamén nos escribiron unhas cartas nas que nos piden que os coidemos moito para que non se rompan, e que sigan sendo tan bos como ata agora. Foi un día de gran emoción