os peques de paradela
luns, 2 de maio de 2016
SEGUIMOS TRABALLANDO COOPERATIVAMENTE
Despois de varias veces traballando por equipos, os nenos/as xa saben o que teñen que facer. Eles mesmos escollen o capitán/supervisor do seu equipo, repártense o traballo poñéndose de acordo nas tarefas que ten que facer cada un, van rotando o folio, xa que todos teñen que facer algo, e vano levando a cabo. Neses momentos, eu estou como unha mera observadora, aprendendo deles e vendo o que funciona ou o que non.
Aínda que moitas veces pode parecer que ter varias idades mesturadas nunha aula é un inconvinte, tamén ten moitas vantaxes, xa que os nenos aprenden moito uns dos outros, e con este tipo de actividades, os maiores axudan ós máis pequenos, o cal resulta moi motivante par todos: os pequenos queren saber tanto como os maiores, e os maiores queren saber máis cousas para poder seguir ensinándolles ós máis peques
Unha vez que remataron a actividade é cando eu interveño. Díctolles e escribimos a palabra que tiñan que poñer eles sos e vemos as letras das que se "esqueceron", sempre con reforzo positivo, nunca como algo que fixeron mal, senón todo o contrario, para que sigan motivados e con ganas de aprender a ler e escribir.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario