As cores principais dos pingüíns son o branco e o negro. E que pasa se as mesturamos? Como os peques non sabían que podía pasar, cada neno/a colleu unha boliña de plastilina branca e un anaco pequeno da negra, e despois de moito amasar descubriron que se convertera en gris. Foi tal a emoción que decidimos facelo con máis cores a ver que pasaba. Tamén experimentamos coas témperas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario