os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 22 de abril de 2016

TRABALLOS COOPERATIVOS

Este trimeste, intentaremos adicar un día a semana a facer traballos cooperativos; para iso, teremos que aprender a colaborar, a cooperar e traballar xuntos para conseguir un obxectivo común, terán que axudarse, polo tanto, uns aos outros cando o precisen; un dos obxectivos é que deixen de lado a competitividade e o individualismo. Para iso, dividirase a clase en 2 ou 3 grupos, dependendo da actividade. Haberá un capitán-supervisor (que eles mesmos nomearán), que será o encargado de distribuir e supervisar as tarefas. Todos os membros do grupo teñen que ter unha función, dependendo do tipo de actividade: escribir, repasar, buscar onde vive cada animal, pegar... O primeiro día precisaron da miña axuda sobre todo para distribuir e organizar as tarefas, pero cando collan a mecánica desta maneira de traballar, xa serán capaces de facelo eles sós. O que fixeron xa fora traballado previamente, non obstante, escribiron moi ben eles solos (despois escribínllelo eu ó lado para comparar e ver as letras das que se "esqueceran", buscaron as palabras escritas que corresponderían a cada debuxo, fixándose sobre todo por qué letra comezaba cada palabra, e aínda que tiñan algunhas dúbidas, ao final, entre todos resolvéronas e colocaron cada palabra debaixo do debuxo que lle correspondía. A verdade é que para ser o primeiro día que traballamos así, fixérono moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario