os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 22 de abril de 2016

FACEMOS A TARTARUGA

Este trimestre, en vista da motivación que xerou o proxecto do Ártico, e que estaban empeñados en estudar os pingüíns, estamos vendo a Antártida e os principais animais que viven alí: os pingüíns. A verdade é que son uns animais extraordinarios que lles están chamando moito a atención. Despois de ver nun dos libros que temos que na Antártida fai máis frío aínda que no Ártico, xurdiunos a dúbida de como farían para protexerse do frío, así que buscamos na internet e vimos que ademais da capa de graxa que teñen debaixo da pel, cando teñen moito frío fan a tartaruga, é dicir, agrúpanse moi xuntiños para darse calor uns aos outros. E despois dun anaco vanse cambiando, os que están na beira van pasando para o centro.
E como non, nós tivemos que comprobar se facendo a tartaruga conseguíamos ter máis calor, así que xuntámonos moito, coas costas un pouco arqueadas e desde logo que sí, así xuntiños deseguida se entra en calor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario