os peques de paradela
venres, 11 de marzo de 2016
VISITA Á PANADARÍA MODESTO
Onte fomos de visita á panadaría Modesto y Ketty, onde pasamos unha mañá estupenda. Primeiro Modesto ensinounos como se fan e que ingredientes se precisan para elaborar unhas magdalenas, posteriormente meteunas no forno, e mentras esperábamos a que saisen, cada neno/a amasou e fixo o seu boliño de pan, que tamén metemos no forno. Vimos as instalacións e máquinas que alí usan, e cando nos demos conta, xa estaban cocidos os boliños e as magdalenas. Sacámolas, e cada neno/a levou nunha bolsiña o seu boliño de pan e a súa magdalena.
Dende aquí queremos agradecerlle a panadaría Modesto, en especial a Modesto e a Ketty habernos deixado entrar a ver cómo funciona unha panadaría, a súa enorme paciencia con tódolos nenos, explicándolles as cousas, e habernos tratado tan ben. Foi un día estupendo para tódolos nenos/as.
Gracias!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario