os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 4 de marzo de 2016

CANTO MIDEN OS OSOS POLARES?

A semana pasada estivemos vendo os osos polares nos libros que temos. O primeiro que fixemos foi observar os debuxos e falar sobre eles e sobre o que cada neno cría que pasaba nas fotos que observamos. Despois a profe leu a información que estaba alí escrita e falamos sobre iso.
Chamounos moito a atención un dato: Os osos polares poden chegar a medir ata 3,5 m. Para os nenos ese é un dato difícil de comprender e axiña comezaron a preguntar: Canto é 3,5 m? Son tan altos como Raúl (o neno máis alto da clase)? Serán máis altos que a profe? Co cal, ante tanta pregunta, o mellor e comprobalo. Para iso, collemos unha cinta métrica, observámola (xa a coñecíamos porque moitos téñena na súa casa e xa nos temos medido na aula), vemos que ten moitos números e marquiñas, buscamos números que coñecemos e finalmente medimos e marcamos no chan ata onde chegaría un oso polar.
Entón a profe preguntou: Cantos nenos/as farían falta para ser tan altos como un oso polar? e comprobámolo: necesitaríamos 3 ou 3,5 nenos para ser tan altos como un oso polar!
e como insistían tanto en comprobar cantas profes farían falta para ser tan altos como un oso polar, tamén o comprobamos: 2 profes ou 1 profe e 1,5 nenos. (O encargado dese día, Manuel, foi o que sacou a foto, todo un experto fotógrafo).
Despois de todo isto vemos un vídeo para ver cómo viven os osos
E, para rematar, facemos unha ficha sobre o que vimos no vídeo

Ningún comentario:

Publicar un comentario