os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 19 de febreiro de 2016

OBSERVAMOS ICEBERGS

Despois de ver un vídeo en internet onde se vían bloques de xeo enormes aboiando no mar e aprender esa palabra tan difícil: iceberg, a profe trouxo ó cole uns icebergs en miniatura, feitos con globos cheos de auga. Collémolos, tocámolos, vimos canto pesaban, que estaban fríos... e metémolos nunhas cubetas. Para simular a auga do mar, collemos os nosos vasos, enchémolos de auga e botámola nas cubetas. Cando xa estaban cheas de auga comprobamos se aboiaban, e o que máis nos sorprendeu e que case todo o iceberg estaba debaixo da auga, enriba só quedaba unha parte pequeniña, co cal chegamos a conclusión de que os icebergs que vimos en internet aínda son moito máis grandes do que pensábamos!!! Despois botamos outros bloques de xeo máis pequenos, collemos a foca e o pingüín que temos e puxémolos a descansar enriba dos icebergs. Por últimos colocamos as cubetas ó carón dos radiadores; antes de marchar puidemos comprobar que xa se derreteran moito porque eran moito máis pequechos, e ó día seguinte xa só había auga. Pasámolo moi ben e ó mesmo tempo aprendemos moitas cousas novas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario