os peques de paradela

os peques de paradela

venres, 12 de febreiro de 2016

INVESTIGAMOS CO XEO

Antes do entroido, aproveitando un día que facía moito frío, nada máis chegar ao cole saímos ata o patio a ver como era o xeo que cubría a herba e os balancíns. Tocámoslle, comprobamos que a herba estaba dura e fría...
e tamén atopamos un bidón cunha placa de xeo enriba
Como non sabíamos en que se podía transformar o xeo por mor do sol, decidimos que iamos volver despois de comer a ver que pasaba, e isto foi o que nos atopamos: o xeo desaparecera e no seu lugar había auga.
Voltamos para clase e puxémonos a falar do tema, non sabíamos moi ben que pasara, uns dicían que se derretera, pero non estaban moi convencidos do que sucedera, así que decidimos facer un experimento. Collemos un vaso de auga e botámolo nunha cubeta, despois levámolo ata o patio e deixámolo alí ata o día seguinte
Ó día seguinte, o primeiro que fixemos ó chegar foi saír o patio a ver que sucedera co vaso de auga que deixaramos no areeiro. Deseguida puidemos comprobar que non había nin unha gota de auga, so había xeo. Tocámoslle e comprobamos que estaba duro e frío. Probamos a resistencia do xeo subindo enriba e vendo que non rompía. Como estes días estivemos vendo uns vídeos de esquimós andando cunhas raquetas nos pés para non esvarar, decidimos probar a mover os pés dentro da cubeta e esvarábase moitísimo!! ten que ser moi complicado andar sobre a neve, por iso os esquimós usan esas raquetas

Ningún comentario:

Publicar un comentario