os peques de paradela

os peques de paradela

luns, 26 de outubro de 2015

PISAMOS AS UVAS

Por fin, despois de moito observar, tocar, xogar, probar... as uvas, chegou o momento de pisalas. Para iso, tivemos que sacar os zapatos e os calcetíns, remangarnos os pantalóns... e listo, a pisar e pisar ata esmagalas todas. Foi unha experiencia fantástica, pasámolo moi ben, e aínda que pensabamos que so con pisar as uvas xa estaba listo o viño, vimos que non era así, que o que xurdiu das uvas era zume e que se chamaba mosto. Despois as profes déronnos a probar un pouco mosto, pero dunhas botellas mercadas. Estaba boísimo!! Polo visto, para que se converta en viño vai haber que esperar...

1 comentario:

  1. parabens, moi bo traballo!!! a verdade e que me gusta ver que ben o pasan o tempo que aprenden

    ResponderEliminar